Miguel Anxo Fernan Vello Miguel Anxo Fernan Vello

En Marea pídelle á Xunta que aclare os motivos das inundacións do HULA

O grupo parlamentario de En Marea pide explicacións á Consellería de Sanidade sobre a incomprensible situación vivida esta semana no Hospital Universitario Lucus Augusti, onde os pacientes tiveron que convivir con importantes inundacións, só unha semana despois de que Vázquez Almuiña presumise no Parlamento das instalacións e da súa xestión. “Os proxectos non se fan tomando un café ou unha caña, por iso o HULA é un dos hospitais mellores de España e tardou o que tardou, ten que ir planificado, saber exactamente o que queremos facer”, dixo no pasado pleno o conselleiro para defender os sucesivos atrasos na posta en funcionamento do centro hospitalario.

As inundacións afectaron á entrada do centro, pero ademais a zonas tan sensibles coma os servizos de radioterapia, urxencias ou farmacia. “Trátase dunha situación incomprensible nun edificio de tan só sete anos de antigüidade na que a auga caía, literalmente, coma unha fervenza dende os teitos”, denuncia a voceira de Sanidade de En Marea e vicepresidenta da Mesa do Parlamento, Eva Solla, para quen a Consellería debe explicar non só por que aconteceu, senón tamén “que vai facer para evitar que volva acontecer algo semellante”.

Noutra banda, o deputado de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou no Congreso dos Deputados, unha iniciativa parlamentar na que insta ao Ministerio de Fomento-Renfe a manter o servizo ferroviario de mercadorías desde San Cibrao para o transporte de aluminio desde a factoría de Alcoa até Amorebieta no Pais Vasco.

Fernán Vello urxe a Renfe Operadora a renovar o Convenio con Alcoa para manter un servizo de mercadorías que “aínda que é raquítico, mínimo e limitado, é o único que temos neste momento. Sería unha pésima noticia que se puxese fin a este transporte ferroviario de mercadorías”.

Neste sentido, salienta que precisamente hoxe, dia 31 de maio, remata a vixencia do Convenio aludido. “Non hai que esquecer que aínda que o servizo actual é insuficiente, só un tren durante cinco días á semana, cada ano parten da factoría de San Cibrao unhas 80.000 toneladas de aluminio con destino a Amorebieta”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com