En Marea pregunta a Fomento se realizou a fase experimental para dar unha solución á falta de visibilidade na A8

A agrupación parlamentar de En Marea no Congreso vén de presentar unha iniciativa parlamentar na Cámara na que pregunta ao Ministerio de Fomento se levou a cabo as probas dos denominados prototipos seleccionados para dar unha solución técnica aos continuos peches da autovía A-8 pola densas néboas no tramo comprendido entre Abadín e Mondoñedo.

Os parlamentares de En Marea dirixen a Fomento unha batería de preguntas dado que asegurou que a licitación dos denominados prototipos realizaríase ao longo do presente ano 2016, e no cronograma do Ministerio a fase de desenvolvemento tecnolóxico remataría en agosto. Pois ben, iniciado o mes de agosto, pregunta “se Fomento resolveu a fase de licitación dos prototipos, se foron probados, e en caso negativo,a que se debe a demora”.

Miguel Anxo Fernández Vello e Alexandra Fernández lembran que as habituais complicacións que se producen na A-8 no tramo negro entre Abadín e Mondoñedo polas persitentes néboas que se inician en primavera e duran até o outono, continúan sen solución técnica a pesar de que o Ministerio leva dous anos de idas e vidas.

Critican que se construíse unha autovía cara como alternativa á vella N-634, “en mal estado de conservación e sen capacidade para absorber o importante volumen de tráfico, máis a metade do tempo está cortada á circulación. É polo tanto, unha autovía morta”.

Poñen de manifesto que no pasado mes de abril, o “Ministerio entón presidido por Ana Pastor anunciaba que en poucos días procedería a clausurar a fase de consulta de mercado para procurar unha solución. Asegurou que a licitación dos denominados prototipos sería ao longo deste ano pero nada sabemos”.

Miguel Anxo Fernán Vello e Alexandra Fernández, salientan que no 2015, “rexistráronse máis de 380 horas de visibilidade case nula” e preguntan, “está o Ministerio de Fomento executando o programado conforme aos prazos de tempo que se manexaban para este ano?”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com