En Marea presenta emendas aos orzamentos do Estado para mellorar as dotacións a Lugo

En Marea vén de presentar no Congreso ao redor de 300 emendas parciais ao proxecto de Orzamentos Xerais do Estado, 183 delas destinadas a incrementar as dotacións destinadas a Galiza. No medio destas numerosas propostas de mellora, figuran as emendas que teñen por obxecto aumentar os investimentos en Lugo e paliar o déficit que este territorio sofre en inversión do estado.

O parlamentar de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, foi moi crítico coas partidas orzamentarias que o Goberno do PP destina a Lugo, e que, dixo, “teiman na discriminación histórica que sofre o territorio lugués, sen compromisos concretos que sirvan para correxir os défices en infraestruturas viarias e ferroviarias nin outras necesidades que levan anos de espera. Por un lado, os Orzamentos son a demostración palpábel da indiferenza do PP para coas demandas de Lugo, e por outro, son a evidencia de que a propaganda pepeira é fume e non se acompaña de feitos nin de dotacións económicas”.

Razón pola que En Marea rexistrou diversas emendas que perseguen correxir as insuficiencias, deficiencias e ausencia de investimentos de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com