En Marea presenta no Congreso unha proposición para a rehabilitación de estradas na Mariña

O Deputado de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou no Congreso unha proposición non de lei que insta ao Ministerio de Fomento a emprender actuacións de mellora do mal estado das estradas de titularidade estatal que pasan pola comarca da Mariña: a N-642, a N-634 e a N-640. Miguel Anxo Fernán Vello critica “as clamorosas deficiencias, mal estado e problemas de inseguridade vial que teñen estas estradas. “Levamos anos agardando por arranxos que nunca chegan, mentres pasan os invernos e os problemas no firme empeoran”. Salienta asemade o “enorme déficit que padece a comarca en materia de infraestruturas”, todas elas con importantes problemas de seguridade vial debido ao deterioro do firme e outras cuestións que afectan á seguridade vial”.

Pasividade de Fomento

Miguel Anxo Fernán Vello describe na exposición de motivos da proposición a situación de cada un destes viais. Comeza pola a N-642, a principal vía de comunicación desta comarca que no seu tramo entre Ribadeo e Foz presenta un lamentábel estado de conservación do seu firme, “con numerosos “socavóns”, fendas e pozas que supoñen un auténtico perigo para a circulación por unha vía moi transitada, especialmente no verán”. Destaca que as zonas máis danadas son as de Fazouro,- Mañente e sobre todo a variante de Foz. Ademais, na N-642 engádese un problema de mala visibilidade no cruce que sirve de enlace entre a parroquia de Vilaronte (Bairro das Areosas) e a N-642 á altura da coñecida como “Casa de Tol”. “Un cruce no que desgraciadamente se contabilizaron varios accidentes pola falla de visibilidade para incorporarse en dirección a Foz. Por iso son necesarias obras de mellora do cruce”.   A N-640 “é outra das estradas que deberían ser rehabilitadas. Presenta unha calzada esnaquizada que en días de choiva forma bolsas de auga. É unha vía de comunicación entre Lugo, Terra Chá, A Mariña e Asturias, que precisa unha urxente mellora entre Ribadeo e Lugo, ademais de que aínda está pendente de arranxo o anaco entre Meira e Lugo. Supoñíase que as obras ían comezar no primeiro trimestre deste ano, pero as actuacións non empezaron”. Para o deputado de En Marea, “a provincia de Lugo en xeral, adoece dun enorme déficit en materia de infraestruturas. Pero a comarca da Mariña poderíamos dicir que se leva a peor parte. Non se beneficia nin de investimentos en materia ferroviaria, lembremos que Feve está practicamente en proceso de desmantelamento e sen investimentos, e logo as estradas estatais están como acabamos de relatar. Remata.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com