En Marea reitera a petición de protección para a contorna da Cova de Eirós

No pasado mes de febreiro, o grupo provincial de En Marea presentou unha Proposta Non de Lei para ampliar a cobertura de protección da Cova de Eirós, das que se soubo onte que son as máis antigas de Galicia. Na proposta explícase que a protección de oficio do BIC para os xacementos con pintures rupestres, non é suficiente por canto non especifica as medidas de protección para a contorna nin para protexela das actividades mineiras circundantes.

As propostas de En Marea para protexer esta cova resúmense en tres puntos que comezan por solicitar unha declaración expresa de Ben de Interese Cultural por parte da Consellería de Cultura, previa instrución de expediente, que permita delimitar as zonas de protección e amortecemento; seguida por unha declaración explícita dunha xona de protección da Cova de Eirós, que garanta a indemnidade do xacemento, especialmente en relación á actividade mineira previa desenvolvida no contorno máis inmediato. Por último,  En Marea propón solicitar unha declaración de zona de amortecemento, que permita acomodamento paisaxísitco, etnográfico e cultural do entorno da Cova.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com