A Concelleira de Igualdade, Ana González Abelleira, xunto á Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo deron visibilidade este sábado á campaña En negro contra a violencia, durante o encontro do CB Breogán e o ICL Manresa no Pazo Provincial dos Deportes. Os gobernos da Deputación e do Concello están organizando estes actos no marco do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, co obxectivo de educar e concienciar á cidadanía, ao tempo que da visibilidade a esta lacra social.