Hoxe en Mondoñedo representantes de asociacións culturais, reuníanse nun acto en memoria do poeta José Crecente Vega, como prólogo á conmemoración no 2021 dos cento vinte e cinco anos do seu nacemento. Durante o encontro celebrado, na aula que leva o seu nome, no Seminario de Mondoñedo, os asistentes analizaron os últimos materiais e accións relacionados coa súa figura, encamiñados a propoñer que a próxima edición do Día das Letras Galegas recoñeza o labor deste escritor de Castro de Rei.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.