Os grupos La Habitación Roja, Los Enemigos e Familia Caamagno son os tres novos grupos confirmados para as Festas do San Froilán.
La Habitación Roja estará na praza Horta do Seminario o vindeiro 5 de outubro. É un grupo de pop-rock indie, orixinario da localiade valenciana de La Eliana. Con 20 anos enriba dos escenarios son, levan 11 álbums e outros tantos EP e sinxelos.
O grupo madrileño Los Enemigos, actuarán a noite do 12 de outubro na praza Horta do Seminario. Los Enemigos nacen no ano 1985 e convertense nunha das bandas máis importantes do rock en español. O mesmo ano da súa formación gañan o concurso de rock Villa de Madrid, e ao ano seguinte gravan o seu primeiro álbum. Entre 2001 e 2002 publican dous recopilatorios cos directos da súa xira de despedida, regresando de novo aos escenarios en 2012.
O grupo galego Familia Caamagno actuará o día de inicio das festas na praza de Santa María. No 2012 editaron os seus dous primeiros traballos, “Familia Caamagno” e o sinxelo “Cantan polo Nadal!”. No ano do seu debut levaron o primeiro premio do Concurso de Bandas da Deputación da Coruña. Neste ano están a presentar o seu novo disco “Había que Intentalo!”.