A Asociación de Creadores de Moda Lucense celebra, este venres, día 29, a súa gala en que darán a coñecer as tendencias e as propostas de creadores consagrados, novas promesas e artesáns. Un total de 23 profesionais da moda, aos que se suman colaboradores do mundo da estética, a barbería, zapatería, xoiería e demais complementos, colaboran nesta ampla demostración das capacidades dos creadores locais, que se citan o venres ás 20:30 horas no Círculo das Artes.
Nesta edición, o desfile contará con quince artesáns: Traxandaina, Lanalutum, Corazóns Artesáns, Cecilia Carballo, Tres Caracoles, Imavi, Mis Marinillas, Beatriz Valín, Barroenvivo, Cestería Viva, Paula Dimé, Bolboretas de Coiro Obradoiro, Mi madre no me deja, e Sesé.
Ademais daranse a coñecer novas promesas do deseño local como Sergio Marey, María Astorgano, Antía Vilar, Ariadna e Liliana Castiñeiro, que reciben así o apoio e a presentación de firmas xa consagradas como son Montse Arias, Tina Cortón e Sara Lage.
O desfile conta coa colaboración de Deputación, o Concello de Lugo, Manu Díaz fotografía emotiva, Jean Louis David, Guirnalda eventos, Vinissi, Arenal, Grupo Ingapán, Cuplé, Messalina, Senen xoiería, Modesto Santa Eularia.
As entradas, que teñen un prezo de 15.00 euros, están á venda nos locais de Rebolo Belas Artes, M&N Xoias, Tina Cortón, Montse Arias e Sara Lage.
Mar 26, 2019 - 08:43 PM
Mesalina…vai levar algo