Enrique Rozas abre a porta a presidir a xunta local do PP de Lugo

O concelleiro do PP en Lugo Enrique Rozas admite que “está meditando” presentar a súa candidatura para presidir a asamblea local do Partido Popular en Lugo, un posto que na actualidade ocupa o voceiro do grupo municipal Jaime Castiñeira.

Na tertulia de Lugo SiRadio, Rozas salientaba que é unha decisión que “a día de hoxe aínda non está tomada”, e confesa “que a ten que meditar moito”. “Se dixese que é algo que non teño na cabeza, mentiría. Estouno meditando”, apuntaba.

O concelleiro popular admite que “non sabe” canto tempo terá para decidirse, xa que agora, engade; “precipítanse os acontecementos no plano político”, en referencia a cercanía do congreso autonómico que os populares celebrarán no mes de maio e a posibilidade dunha repetición de eleccións.

Presente tamén na tertulia de Lugo SiRadio, o exmilitante do Partido Popular Luis Latorre revelaba que ten o “compromiso” de que se finalmente Rozas decide desputarlle a Castiñeira á presidencia do partido a nivel local, volverá a afiliarse ao partido para votar por el. “Teño un compromiso con el de afiliarme de novo ao partido para votalo”, subliñaba Latorre.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com