Enrique Rozas despídese da política municipal

O vicevoceiro do Partido Popular anunciou hoxe en rolda de prensa que se despide da primeira liña da política municipal e segundo explicou faino “por motivos estritamente persoais”. Enrique Rozas afirmou que toma esta decisión “despois de reflexionalo moito” matizando que “chegou o momento de dar un paso á beira”. O viceportavoz dixo que manterá o compromiso adquirido como concelleiro da corporación ata final de mandato e  seguirá cos seus cargos orgánicos dentro do partido.

Enrique Rozas recalcalcó que mantén o seu compromiso firme e inamovible co Partido Popular no que leva militando máis de trinta anos. O viceportavoz lembrou a todos os que dalgunha forma creron nel e apoiárono ao longo deste tempo empezando por Vicente Quiroga que foi a primeira persoa que contou con el para a política municipal.

Enrique Rozas tivo diferentes responsabildades no ámbito municipal destacando o seu cargo de xerente do padroado municipal de deportes no que estivo 14 anos cos alcaldes Vicente Quiroga, Tomás Notario e Joaquín García. Nunha segunda etapa e de man de Manuela López Besteiro encargouse, como concelleiro, do control das áreas de deportes e seguridade ata a actualidade. Dentro do aparello do Partido é vicepresidente da xunta local e vicesecretario de mediación social a nivel provincial, tamén forma parte dos comités de dirección tanto da Xunta local como da provincial e é membro do comité electoral.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com