Enrique Rozas proposto como xerente do Consorcio Provincial de Bombeiros

Enrique Rozas concelleiro do Partido Popular en Lugo, ven de ser proposto como xerente do Consorcio Provincial de Bombeiros que ten como denominación oficial o de, Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento. Onte por un erro este xornal  anunciaba que a Presidenta da Deputación de Lugo, fora elixida como Presidenta do Consorcio, cando se contaba que fora Enrique Rozas. Isto non era posible por mor dos estatutos.

O Consorcio coordina os parques de bombeiros  comarcais de Barreiros, Chantada, Monforte de Lemos, Sarria, Vilalba e Viveiro.

O Consorcio está formado por representantes de tres administracións: Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Lugo e dos concellos onde está situados os parques de bombeiros comarcais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com