Un comunicado e unha rolda de prensa foron os medios polos que o Partido Popular de Lugo comunicou a renuncia do concelleiro Enrique Rozas a súa acta no Concello de Lugo.
“Dende o PP de Lugo queremos comunicar a renuncia á acta de concelleiro presentada polo edil popular Enrique Rozas López por motivos persoais e familiares.
En primeiro lugar, queremos agradecer todo o traballo realizado durante este período a este compañeiro en prol da mellora de Lugo e da calidade de vida dos seus veciños.
Obvia dicir que a entrega de Enrique Rozas foi total e que sempre foi quen de atender de forma próxima e desinteresada a todos os veciños que requiriron da súa axuda na labor municipal. É por iso que poñemos en valor a enorme xenerosidade que amosa ao dar este paso que unicamente responde á necesidade de estar ao carón da súa familia e ante as dificultades que afronta para exercer as labores de concelleiro como considera que merece o cargo, deixando patente que o máis importante é a defensa do noso municipio, as súas parroquias e os seus veciños. Enrique Rozas renunciará oicialmente no pleno ordinario do mes de xullo, no seu lugar tomará posesión o seguinte integrante da lista electoral, Damián Carballo .