Enriqueta Otero, a última guerrilleira de Galicia, nunha nova mostra en Santa María

A Capela de Santa María estreou este xoves a exposición Tres veces mestra. Enriqueta na escola, unha mostra coa que a Deputación de Lugo homenaxea á luguesa Enriqueta Otero, a última guerrilleira de Galicia.

Enriqueta Otero, tamén coñecida como María das Dores, a Pasionaria Lucense ou a Guerilleira Viva, como lle gustaba que a recoñeceran, representa a valentía e o compromiso, e así se reflexa na exposición, na que se reivindica o papel da muller na guerrilla, a miúdo olvidado, sen embargo fundamental.

A mostra Tres veces mestra. Enriqueta na escola, recolle a traxectoria desta luguesa, feminista e activista, mestra de profesión, que loitou polos dereitos das mulleres e por unha educación pública, a través de libros e publicacións. Datas, formación, destinos escolares, a vida en clandestinidade e a súa condena son algunhas das etapas da vida de Enriqueta Otero que se reflexan nesta exposición, que conmemora a traxectoria dunha das mestras máis antigas, xa que comezou exercendo reinando Alfonso XIII.

A mostra tamén inclúe a recreación dunha escola de época así como unha reprodución do Carriño, un proxecto cultural impulsado por Otero, que ela adoitaba denominar como a Universidade Popular de Lugo.

Enriqueta na escola poderase visitar ata o 24 de maio, de luns a venres, de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, e as fins de semana, de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas. A entrada é totalmente gratuíta.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com