Entra en vigor a reforma da ordenanza fiscal no Concello de Lugo

O Concello de Lugo fixo efectiva, dende onte, a recén aprobada reforma das diferentes ordenanzas fiscais aprobadas no último Pleno Ordinario. Así, entran en vigor as ordenanzas con vantanxes fiscais para as explotacións do rural e as
persoas usuarias de comida no fogar e a Escola de Música.

Trátase dun paquete de vantaxes fiscais co obxecto de dinamizar o medio rural e contribuír á igualdade de oportunidades dos veciños e veciñas máis desfavorecidos. A Corporación Municipal aprobou estas medidas para as modificacións das ordenanzas referidas á implantación dunha bonificación do 95% no Imposto de Bens Inmobles (IBI) das construccións destinadas a actividades económicas agrarias ou gandeiras pertencentes ao sector primario co fin de dinamizar social e economicamente o rural, así como a exención do copagamento ás persoas usuarias de comida no fogar nos casos en que o motivo que orixina esta prestación sexa unha problemática de  exclusión social, desestruturación familiar ou pobreza infantil e a matrícula gratis nas materias do Bloque D para o alumnado da Escola Municipal de Música que xa superara os 6 anos de permanencia no centro na súa materia  instrumental, e tamén para os que xa estean matriculados en unha ou máis materias de calquera do resto dos bloques.

Así mesmo xa está en vigor a exención do IBI á Xunta por cinco centros sanitarios durante seis anos para afrontar a dotación do equipamento do novo auditorio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com