A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, visitaron este mércores no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra aos nenos e nenas que están a participar no programa Aprende xogando, organizado polo Concello. A rexedora e a edil repartiron agasallos, grazas á colaboración entre a entidade local e a empresa Tiger.
Este proxecto, que se está a levar a cabo nos centros de convivencia Uxío Novoneyra e Maruja Mallo e nas instalacións situadas no Parque da Milagrosa, realízase durante todo o ano e amplía o seu horario durante o período das vacacións escolares. Ademais, todos os asistentes a calquera actividade organizada polo Concello nestas datas de Nadal, contarán cun obsequio da mencionada cadea Tiger.