Entrega de premios aos gañadores da VI Edición dos Premios polo Territorio

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, participou este mércores na VI edición dos Concursos de Fotografía, Relato e Curtametraxe que organiza a Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza (ADEGA), que tivo lugar no Salón de Actos do Pazo de San Marcos. Fíxoo xunto ao Coordinador do proxecto, Anxo Manoel Lamelo Fernández, á Directora do Museo Provincial de Lugo e membro do xurado, Aurelia Balseiro García, e varios gañadores e finalistas dos premios.

García Porto subliñou que “é necesario pór en valor este tipo de actividades, que fomentan o esforzo e empeño, e que ofrecen unha oportunidade, tanto a profesionais como afeccionados da fotografía, literatura ou as curtametraxes de achegar os seus traballos e amosarnos desde distintas perspectivas problemas que atopamos hoxe no noso territorio”.

ADEGA leva organizando dende fai 6 anos estes concursos para que a sociedade galega retrate o estado actual do territorio a través da imaxe e da palabra. Nesta VI edición dos Concursos de fotografías e de relatos e V Edición do Certame de curtametraxes presentáronse 70 fotografías de 30 participantes, 53 relatos de 52 participantes e 10 curtametraxes de 10 participantes procedentes de toda a xeografía galega. Durante a entrega de premios e diplomas aos gañadores e finalistas das diferentes categorías,  proxectaronse as fotografías e as dúas curtametraxes gañadoras.

Gañadores e finalistas

Fotografía

Categoría Adulta: Sen título de José Izquierdo León (Burela, Lugo). Diploma e 200 euros

Finalistas: Encadrado e Parque Eucaliptal de Victor Hermida Valeiro. Diploma; Patilonga sobre vermello e Alienixenas no meu barrio de José Antonio Campos Martínez. Diploma.

Categoría Xuvenil: Made in Galiza de Eva Fernández Gil (Arbo, Pontevedra) Diploma e 150 euros

Finalistas: Derradeira ponte e Liberdade de Rocío Rego Sierra (Abadín). Diploma; Fábricas e Corredera de Ángel Giraldez Varela. Diploma.

Relatos

Categoría Adulta: Ás veces, Bonaval de Lois Blanco Araúxo (Teo, A Coruña). Diploma e 250 euros

Finalistas: Conta o meu pai de Rocío Cadahía Fernández (Cambre, A Coruña). Diploma; Apocalipse 2038. O gardián do inferno de Beatríz Pérez González (Amoeiro, Ourense). Diploma.

Categoría Xuvenil: Supermarcos de María Carballido Cerqueiro e Quen son eu de María Rozados Balboa. (O xurado estimou que as dúas obras eran merecedoras do premio e considera que debe repartirse entre as dúas autoras). Diploma e 100 euros para cada unha.

Finalistas: O lugar onde vivo de Lúa Carpintero Sánchez (Santiago). Diploma; O noso tesouro de Ainhoa Pereiras Mosquera (A Estrada). Diploma; O lugar onde vivo de Antía Domínguez Castro (Santiago). Diploma; Tan belo…Tan fráxil… de Sandra Ferreiro García (A Estrada). Diploma.

Curtametraxe

1º Premio: Atmósfera cotiá de Millán Castro. Diploma e 250 euros

2º Premio: Os xeranios do señor Alfonso de Alumnado do CPI Virxe da Saleta e David González. Diploma e 150 euros

Finalistas: Canción da hora na que ladran os cas de Marina Chiavegatto. Diploma; Buxaina de Noa García Peiteado. Diploma; Salvemos Catasós do Alumnado do obradoiro de televisión do IES Laxeiro. Diploma.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com