A alcaldesa de Mondoñedo Elena Candia e a Conselleira do Medio Rural, participaron esta mañá en Mondoñedo na entrega de premios do concurso de gando, enmarcado dentro da popular festa das Quendas. Alí destacou a importancia dos controis sanitarios oficiais para conseguir unha cabana gandeira cun estado sanitario de calidade.
Neste senso, a titular de Medio Rural aproveitou para facer un chamamento á prudencia dos gandeiros, á hora de exportar gando doutras comunidades. Así, subliñou que Galicia está oficialmente libre de brucelose bovina, ovina e cabrúa e que xa se solicitou tamén a declaración de Pontevedra como provincia libre de tuberculose. A Conselleira incidiu tamén en que, grazas a este tipo de feiras, podemos observar e comprobar a calidade das reses galegas, que xa é ben coñecida fóra das nosas fronteiras