Entregados os premios de escaparatismo do Nadal e “Este Nadal, súbete á moto de ComercioGalicia”

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, entregaron este venres no Salón de Plenos os premios do Concurso de decoración de escaparates e establecementos durante o Nadal 2016, organizado polo Concello.

O primeiro premio deste certame, dotado con 800 euros, recaeu no establecemento Veritas Veritatis, o segundo, cunha dotación de 400 euros, foi para Pan de Plata, e finalmente o terceiro, dotado con 200 euros, correspondeulle a Rebolo Bellas Artes.

Un xurado profesional, composto polo escaparatista e mestre no CIFP das Mercedes, José Manuel Castro, a profesora da Escola de Artes e Superior de Deseño Ramón Falcón, María del Carmen Fernández, e o fotógrafo Xosé Reigosa, escolleu aos gañadores.

Tamén na Deputación o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, a Alcadesa de Lugo, Lara Méndez López, e o Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, participaron este venres na entrega do premio do sorteo da campaña “Este Nadal, súbete á moto de ComercioGalicia” que tivo lugar  na Praza Maior, e coa que colabora o organismo provincial. O gañador deste sorteo foi José Alberto Lamas, que recibiu unha moto. Ademais, a tenda de Tobarix conseguiu un recoñecemento como comercio destacado nas vendas durante a campaña de Nadal.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com