“Eólica Así Non!” convoca para o vindeiro domingo as mobilizacións polo Día Mundial da Enerxía Limpa que se suspenderan por mor do tempora. A asociación, aposta por unha nova planificación eólica real que ordene a explotación desta enerxía no territorio, con obxectivos sociais e ambientais, que faga partícipe ao pobo galego e non se desenvolva en función dos intereses das grandes multinacionais enerxéticas.
“Eólica Así Non” fai un novo chamado á sociedade para “denunciar o modelo de espolio enerxético que promove a Xunta de Galiza. Un modelo que non ten en conta os intereses da poboación e ten como principal obxectivo beneficiar o capital”,
A Coordinadora denuncia, ademais, “a falta de respecto polas decisións xudiciais que demostra a Xunta de Galiza coa aprobación das últimas reformas legais, que teñen como obxectivo dificultar que a poboación se poida defender, tanto no eido administrativo como xudicial, diante destes proxectos agresivos e depredadores do territorio, destinando recursos públicos para exercer violencia institucional contra as comunidades veciñais afectadas”. Os lugares da provincia onde estan convocadas mobilizacións serán:
Lugo. Concentración diante do concello de Lugo ás 12h. Saída en manifestación ata o Multiusos da Xunta.
Sarria. Concentración no Cruce de Catro Camiños coa R/ da Liberdade, ás 12h