A artista brasileira Kátya Teixeira dará un concerto este xoves 24 ás 16h 30 na EPAPU do barrio de Albeiros. A actividade está coordinada polo Departamento de Portugués do centro e ten como principal obxectivo achegar a cultura e música do Brasil ao alumnado atraveso dunha aula-espectáculo. O concerto encádrase dentro da xira europea no 30 aniversario da traxectoria da cantora, compositora, instrumentista e investigadora da cultura popular brasileira.
.