Equo, EU e Podemos avanzan nas negociacións para un posible acordo nas municipais

Representantes de Equo Lugo, do Consello Local da Agrupación Local de Esquerda Unida e do Círculo Podemos de Lugo veñen de manter na sede de EU Lugo a segunda reunión do calendario de negociacións de cara a acadar un acordo para concurrir conxuntamente ás vindeiras municipais. Os termos da negociación atópanse dentro do marco federal pactado entre as tres organizacións e aprobado pola maioría da militancia das mesmas.

Na reunión analizouse o contexto político actual do municipio e perfiláronse as bases programáticas para unha alternativa de goberno de esquerdas, feminista, ecoloxista e que aposta pola radicalidade democrática, a participación cidadá e a absoluta rexeneración da xestión local para dar carpetazo dunha vez por todas ás prácticas corruptas e clientelares na administración municipal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com