EQUO Galicia, representante do Partido Verde Europeo en Galicia, decidiu concorrer a estas eleccións coas súas propias siglas, “impulsando unha candidatura baseada no ecoloxismo e o decrecentismo que poida facer fronte ás crises social, económica, política, medioambiental e climática. Aportando solucións ante a incapacidade e o desinterese do goberno actual da Xunta de Galicia para enfrontar os moitos retos que se nos apresentan no horizonte” sinalan.
Para a formación política “chegado a este punto de inacción e mala xestión, precísanse urxentemente novas formas de facer política, máis participativas e horizontais, nas que se traballe por un novo modelo económico e produtivo compatible co medio ambiente, poñendo a ecoloxía no centro da acción política”.
Para EQUO Galicia “a situación de maltrato e desleixo cara o noso medio natural, explotado e desaproveitado ao mesmo tempo, precisa da implantación de estratexias e plans pensando no curto e no longo prazo”.
EQUO Galicia preséntase nas catro provincias galegas.
Mar 06, 2020 - 11:57 PM
Estos, saltando de flor en flor, deron ca herba, a ver qué fan con ela.