EQUO Galicia denuncia a opacidade dos datos da Xunta no rebrote do COVID-19 na Mariña

Non pode ser que os intereses electorais pasen por riba da saúde, da seguridade e necesidade de información e transparencia que ten a poboación ante o rebrote de coronavirus que está a espallarse pola Mariña lucense. Isto é o que opina a formación ecoloxista EQUO Galicia, amosando o seu apoio ao comunicado dos alcaldes da mariña lucense sobre a posibilidade de adiar as eleccións do 12 de xullo.

“Dende o noso partido tememos que o goberno autonómico non sexa claro e transparente con respecto á súa xestión do rebrote do coronavirus na Mariña. A poboación precisa ter información correcta sobre o avance de contaxios. Temos constancia de que as cifras publicadas non se corresponden cos datos reais e tememos que o impacto poida ser maior. Pensamos que non pode ser que se oculte información a penas catro días dunhas eleccións autonómicas e que o motivo sexan os intereses electorais do partido que goberna” explicou o candidato á Xunta de Galicia, Alberto Prieto.

A formación ecoloxista demanda que se expoñan os datos existentes sobre o rebrote e non se espere ao día 13 de Xullo. “Deberían levarse a cabo todas as medidas de seguridade que sexan necesarias, mesmo se é necesaria a suspensión ou aprazamento das votacións na comarca afectada” suliñou Prieto.


Texto: EQUO Galicia

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com