EQUO Galicia propón aprazar as eleccións seguindo o principio de prudencia

O partido ecoloxista en Galicia, EQUO Galicia, fai unha chamada á responsabilidade colectiva e individual e reclama que se apracen as eleccións ao Parlamento de Galicia convocadas actualmente para o 5 de abril de 2020.

Ante a situación actual de aumento progresivo das precaucións, estamos vivindo tamén continuo goteo de cancelacións e aprazamentos de todo tipo de actos e eventos públicos para así reducir ou evitar o espallamento acelerado desta enfermidade. “Da mesma forma, e por coherencia, dende a Xunta de Galicia e dende o Goberno central deberíase amosar unha posición clara e contundente: Adiar as eleccións”.

Dende a política e dende todas as canles posibles “temos que esforzarnos en transmitir un mensaxe tranquilizador”, xa que a situación actual, di a formación, dista de ser tráxica, pero ao mesmo tempo “debemos ser responsables e prudentes para evitar que as cifras de posibles contaxios se concentren nun espacio curto”, e así permitir aos servizos de sanidade públicos xestionar esta circunstancia.

O partido verde afirma que a saúde das galegas, así coma de todas as persoas do mundo, “debería ser unha prioridade absoluta” e que debe poñerse sempre por diante da axenda política, “aínda que isto supoña dar marcha atrás cunha convocatoria tan importante coma son unhas eleccións”.

EQUO Galicia considera que “de non adiarse esta convocatoria, se estaría a dar unha mensaxe pouco coherente dende as propias administracións”, ademais de pór nun risco innecesario a poboacións en situación de vulnerabilidade.

O candidato de EQUO Galicia á presidencia da Xunta, Alberto Prieto declara que “a situación actual de tranquilidade non debería facernos esquecer o risco que existe de saturar o noso sistema sanitario, que xa está a traballar a reo e con recursos limitados tras tantos anos de recortes. Con prudencia e sentidiño podemos evitar que existan máis complicacións das necesarias”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com