Esta mañá, Manolo Núñez, concelleiro Educación e Infraestruturas Urbanas, presentou, as actividades que se desenvolverán na Escola Municipal de Música de Lugo, acompañado do xefe de estudos e a secretaria da Escola Municipal de Música de Lugo, Efraím Díaz e Mercedes Autrán, respectivamente, e unha alumna, Pepita Regueiro; O evento tivo lugar na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías.
Antes de explicar detalladamente a programación das actividades lembrou que mañá xa finaliza a semana de portas abertas na Escola de Música, e que esta actividade serviu para que a xente coñecese as instalacións e o funcionamento da escola co fin de atraer a novos alumnos.
Pasando agora ao tema principal, as actividades do mes de xuño darán comezao o día 8 cun ciclo chamado Libertade dende a Música, que se desenvolverá no Centro Sociocultural Vello Cárcere. Este ciclo consistirá nun intercambio entre a Escola Municipal de Lugo e a Escola Superior de Música os San Martin dos Sandes da Arxentina. Haberá tamén unha master class, a cargo de Pablo D.Robero e Laura Weihmüller ás 18:30 horas no auditorio deste centro, e un concerto de música arxentina no patio.
Outras das actividades destacadas estarán relacionadas co pito pastoril. Efraím Díaz, un profesor de música da escola explica que ademais haberá unha exposición destes instrumentos musicais e un concerto, que ofrecerá o alumnado e grupo didáctico de pito pastoril.
O 15 de xuño, o Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá o concerto didáctico extraordianrio Fantasía, ás 19:00 horas. Música e maxia daranse a man a través da Banda Municipal e David Méndez. A entrada é de balde con invitación, que se pode recoller na Escola Municipal de Múscia.
O 19 de xuño, en xornada de tarde, haberá audicións da ESMU Lugo no Salón de Actos do Centro Sociocultural Uxío Nonoveyra, ás 17:00 horas de clarinete, ás 19:00 de saxofóns, e ás 20:00 de frautas. Ao día seguinte, esta audición terá lugar no patio o Vello Cárcre ás 20:30 horas. Será a quenda do alumnado de piano, de formación de adultos e da charanga.
Por último, o 21 de xuño celebrarase o concerto fin de curso, ás 19:30 horas, no Auditorio Municipal Gustavo Freire. A entrada é de balde, ata completar aforo.