A Escola Shantidi recibe 2.000 euros da recadación da Gala da Moda

A Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, xunto a Fredy Saavedra, membro da organización da Gala, fixo entrega esta tarde á Presidenta da Escola Shantidi, Teresa Vila Paz, un cheque de 2.000 euros correspondente á recadación da Gala da Moda benéfica A muller na arte. A Escola Shantidi destinará estes fondos para costear o envío dun contedor con material escolar, roupa e calzado que foi doado á organización por cidadáns lucenses.

López Izquierdo subliñou “facemos entrega destes fondos, tal e como xa avanzamos, a un colectivo sen ánimo de lucro da nosa provincia, como é a Escola Shantidi que desenvolve unha labor social e humanitaria que é todo un exemplo para os veciños da nosa provincia, promovendo valores tan importantes nos nosos días como a cooperación internacional ou a axuda humanitaria”.

Vila Paz agradeceu a colaboración do Goberno da Deputación en diferentes iniciativas que dito colectivo lucense desenvolve ao longo do ano e apuntou que “estes fondos permitirán facer chegar á India centos de produtos como roupa e calzado, libros ou material escolar, doado de xeito totalmente altruísta polos veciños da provincia, aos que estaremos sempre agradecidos”.

Fredy Saavedra apuntou que a recadación dos fondos que hoxe se entregan correspóndense ás entradas vendidas para asistir a esta Gala Benéfica, un total de 136. “Dende a organización da Gala da Moda estamos moi satisfeitos por saber que o noso traballo repercutirá directamente na mellora da calidade de vida das persoas que máis o necesitan”, apuntou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com