Esgotadas as entradas para ‘Quien a hierro mata’ e ‘O que arde’, homenaxes na SICA a Luis Tosar e Benedicta Sánchez

A organización da 42 Semana do Cine de Lugo informou hoxe de que se esgotaron as entradas para asistir ás proxeccións de Quien a hierro mata  e de O que arde, que terán lugar na sala da Deputación Provincial, os vindeiros 27 e 28 de novembro, dentro das homenaxes que na XLII Semana de Cine, que organiza Fonmiñá, se renden a Luis Tosar e Benedicta Sánchez.

A reserva de entradas poden efectuala os interesados nas webs www.fonmiña.es e www.semanadecinedelugo.com, de xeito gratuíto para todas as sesions, aconsellándose efectúen esta xestión o máis axiña posible xa que os aforos son moi limitados e agora mesmo están ocupados nun promedio do cincuenta por cento.

A validez destas entradas estará vixente ata o comezo das proxeccións nas diversas salas de exhibición da Semana de Cine. No caso de que non se presentase algún dos posuidores das mesmas e quedasen espacios baleiros nas respectivas salas, poderase admitir ao mesmo número dos que, sen entrada, acudisen ás salas por se dese circunstancia de que alguén con entrada non asistise á proxección.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com