O Espazo +60 Afundación de Lugo ofrece unha charla sobre seguridade

Afundación, a Obra Social de ABANCA, acollerá no seu Espazo +60 de Lugo unha charla co obxectivo de informar sobre as principais ameazas para a seguridade dos maiores, tanto na súa vida cotiá como na rede. Será mañá, xoves 15 de febreiro, ás 18.00 h, e será impartida por Rubén Darío Veiga, Policía da Área de Participación Cidadá da Comisaría de Lugo.

Esta actividade enmárcase na oferta de actividades do proxecto de Envellecemento Activo de Afundación, que permite ás persoas participantes atopar nesta etapa vital novas oportunidades de crecer persoalmente e de seguir formándose en contacto cos temas emerxentes e achegando activamente á sociedade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com