Espectáculos pola igualdade, para público infantil e mocidade, con Caxoto, ao longo das vindeiras tres fins de semana

A área de Xuventude e a Casa da Muller, que dirixe Ana Abelleira, organiza distintas actividades para promover a igualdade, coincidindo coa conmemoración do 25N, as vindeiras tres fins de semana, en distintos puntos da cidade. Por un lado, trátase de espectáculos pola igualdade, un dirixido a público infantil e outro á xuventude, da man do narrador oral Caxoto, nos que se traballan os estereotipos de xénero para previr a violencia machista na infancia e na mocidade.

Os modelos de comportamento que se adquiren a idades temperás van condicionar a construcción da identidade persoal dos menores, e por iso, o Concello fomenta estas iniciativas que traballan na igualdade positiva, a través de actividades cun matiz lúdico, cun contacontos, con gran potencial como ferramentas de aprendizaxe de valores, nos que aprender a eliminar o rasgo sexista.

A entrada é libre ata completar aforo, que está estipulado para máximo de 50 persoas. Por outra banda, un paseo pola cidade: a andaina xuvenil pola igualdade, guiada por Lidia de la Fuente, deste sábado, 21 de novembro, ás 10:30 horas, que xa ten as prazas esgotadas, existindo lista de agarda para participar. Esta é a última camiñada da programación de Andainas Xuvenís pola Sostibilidade e pola Igualdade, que puxo en marcha Xuventude o pasado mes de xullo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com