O Club Fluvial de Begonte acollerá esta fin de semana o Festival 27373 no que haberá entrada de balde e acampada libre. Actuarán os grupos Leña Verde e Amálgama Danza, ademais de grupo de rock Arrhyhtmia, e Familia Caamagno entre outros.
Entre as actividades, destacan o paseo en kaiaks dende as doce do mediodía ata ás sete da tarde. Tamén as doce terá lugar a actuación de Bolboretas Fiandeiras, as dúas sesión vermú con Airiños da Freba, e as conco sesión de xogos infantís a cargo da asociación cultural Luscofusco. Por último terá lugar a IV edición do Aberto de billarda.
O festival conta con zona de acampada libre e a entrada é de balde.