Esta fin de semana terá lugar o X Criterium Aeronáutico Galicia en Rozas

Un ano máis dende o Real Aeroclub de Lugo organizan o X Criterium Aeronáutico Galicia, onde realizarán unha gran variedade de actividades pensadas para que o público poida participar e achegarse ao mundo da aviación en xeral. Este evento terá lugar no Aeródromo de Rozas (Lugo) os próximos días 24, 25 e 26 de Xullo de 2015.

As principais actividades programadas son:

Os saltos en paracaídas, unha apaixonante experiencia en Rozas (Lugo). Para realizar os saltos é imprescindible realizar unha reserva de praza previa, xa que as prazas son limitadas. Toda a información en paracaidismorozas@gmail.com ou no teléfono 628 00 39 03 (Fran).

O avión acrobático é outro dos reclamos máis rechamantes do evento, os participantes sucarán os ceos en manobras incribles que os levarán a experimentar os G’s que estean dispostos a aguantar.

Outra actividade con moita acollida ano tras ano son os famosos bautismos do aire, podendo dar unha volta en avioneta cun dos experimentados pilotos. Existen distintos bautismos: o bautismo en avión, o bautismo en ULM, que é como se coñecen aos avións ultralixeiros e o bautismo en paramotor, novidade este ano.

O globo aerostático é outro dos atractivos do Criterium Aeronáutico, este estará estático en todo momento, pero permite gozar da experiencia de sustentarse no aire sen máis ruído que o do vento.

Ademais destas, desenrolaranse moitas máis actividades ao longo do fin de semana:

– Sorteos gratuítos de voos en distintas aeronaves (patrocinados por empresas).
– Exhibición de avións apagafuegos.
– Exhibición de voo de paramotores.
– Visita helicópteros e avións de entidades estatais (Alfándegas, DGT, Garda Civil, Salvamento Marítimo…).
– Exhibición de voo acrobático.
– Exhibición de avións non tripulados (DRONES).
– Exhibición de voo de avións e helicópteros históricos.
– Exhibición de Aeromodelismo, incluíndo avións de turbina.
– Exposición e exhibición de motocicletas clásicas de carreiras.
– Exposición histórica de aviación.
– Exposición estática do INTA.
– Exposición estática de aeronaves e compoñentes.
– Simuladores de voo.
– Actividades e xogos gratuítos para nenos (cama elástica, inchables, circuíto de karts a pedais, ensino de voo con aeromodelos…).

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com