O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co Concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, visitaron no día de hoxe o aparcadoiro municipal do HULA, onde, esta mañá, comezaron os traballos de reparación. O recinto permanecerá pechado durante todo o prazo de realización das obras, que está previsto para 3 semanas.
Segundo Arroxo, as actuación consistirá na colocación “dunha capa de zahorra sen finos de 10cm, que permitirá a drenaxe de auga evitando que se formen as fochancas e lameiras”. Ademais, delimitarase a zona de paso da de estacionamento usando zahorras de diferentes cores, para evitar así que se formen atascos por vehículos mal estacionados.
Para Arroxo, “o ideal sería asfaltar, pero a día de hoxe, debido a que este terreo está afectado polo 5% do plan xeral sen aprobar, non é posíbel”. Arroxo indicou que “na obra anterior utilizouse un material cunha granulometría demasiado fina, o que, xunto a que o final das obras coincidiu co inicio da época de choiva, fixo que se formaran as fochancas e lameiras”.