Moi poucas veces nos Codex se estrea soamente unha película, e este é o caso desta semana. As películas que nas últimas semanas se veñen proxectando. A sala de professores, A terra prometida, Perfect days ou A zona de interese, fan que non haxa oco para realizar dúas estreas, xa que moito do público que vai asiduamente a estes cinemas, solicitou que se sigan a poñer algúns dos filmes das anteriores semanas para poder velas. É por isto polo que “O desxeo” será a única estrea. Dirixida por Veerle Vaetens. “O Desxeo” atrévese a indagar no abismo da angustia na que está atrapada a súa heroína, nun filme demoledor, intenso e provocador que é capaz de inquietar á persoa máis imperturbable.
Sinopse.- Trece anos despois dunha mala experiencia nun sufocante verán descontrolado, Eva, unha moza de vinte seis anos, regresa ao seu pobo natal cun bloque de xeo na parte traseira do seu coche. Ao volver, terá que adaptarse e afrontar, dunha vez por todas, o seu escuro pasado e enfrontarse aos seus torturadores.