Nova estrea nos Codex esta semana que proxectarán, ademais de outros filmes, a película “Viaxe cara o deserto”, é un filme sobrio e elegante e cun ritmo narrativo fluído, baixo a dirección de Margarethe von Trotta.
Sinopse: a extraordinaria e carismática Ingeborg Bachmann conquistou coa súa poesía o bastión dominado polos homes da literatura en lingua alemá. Atópase no cumio da súa carreira cando coñece ao famoso dramaturgo Max Frisch. O seu amor é apaixonado mais as friccións profesionais e persoais comezan a perturbar a harmonía. Cando Ingeborg ten problemas, os amigos están alí para axudala; entre eles, Hans Werner Henze e o mozo Adolf Opel, xornalista vienés e home de letras. Xuntos viaxan ao deserto e, nesta viaxe, Ingeborg atopa o camiño de volta a si mesma e, sobre todo, á escritura.