Os Codex, abrirán, esta semana, a partir do mércores e anuncian dúas novas estreas, “Fallen leaves” e “O libro das solucións”.
“Fallen leaves”, filme de Aki Kaurismäki, foi 1º Premio Internacional do Xurado en Cannes é está nominada aos Premios Oscar. O filme que dende a súa presentación supuxo todo un éxito entre a crítica especializada, busca na comedia romántica minimalista a humanidade de Chaplin en tempos de guerra en Ucraína. Unha película marabillosa, bonita, divertida e cun gran corazón que transmite unha sensación de benestar.
Sinopse: Ansa está solteira e vive en Helsinki. Traballa cun contrato de cero horas nun supermercado, repoñendo os estantes; despois clasifica o plástico reciclable. Unha noite coñece accidentalmente ao traballador igualmente solitario, Holappa, alcohólico. Contra todo pronóstico e malentendidos, tratan de construír unha relación. Como resultado, Holappa consegue controlar a súa adicción ao alcohol.
A outra estrea deste mércores “O libro das solucións”, é un filme dirixido por Michel Gondry, tenra e melancólica sobre un home fráxil. Un filme con ideas brillantes, máxica e cómica.
Sinopse: despois de pelexar cuns produtores que non entenden nada do seu traballo, Marc, un excéntrico director de cine, marcha coa súa película para rematala. Acompañado do seu fiel equipo, escóndese nunha pequena vila rural coa súa tía Denise, a súa mellor conselleira. Alí, a súa creatividade maniféstase nun millón de ideas que o mergullan nun estraño caos. Consumido pola súa neurose, Marc comeza a escribir “O libro das solucións”, unha guía de consellos prácticos que ben podería ter a resposta a todos os seus problemas.