Esta tarde os Codex Cinema estrean a película “O 47” dirixida por Marcel Barrena, e que narra a historia dun acto de disidencia pacífica e do movemento veciñal, cunha sincera ollada a un barrio, a súa xente e a súa loita.
Sinopse: O 47 conta a historia dun acto de disidencia pacífica e o movemento veciñal de base que no 1978 transformou Barcelona e mudou a imaxe dos seus suburbios para sempre. Manolo Vital, un condutor de autobús que se apropiaba do bus da liña 47 para desmontar unha mentira que o Concello se empeñaba en repetir: os autobuses non podían subir as costas do distrito de Torre Baró. Un acto de rebeldía que demostrou ser un catalizador para o cambio de que as persoas se enorgullecen das súas raíces, dunha loita da veciñanza, da clase traballadora que axudou a crear a Barcerlona dos anos 70.
Mañá venres día de estreas, chegan as pantallas dos Codex Cinema os filmes “SIDONIE EN XAPÓN” e “XUSTIZA ARTIFICIAL”.
“XUSTIZA ARTIFICIAL”, un thriller protagonizado por Verónica Echegui e Alberto Ammann que propón a posibilidade de que o sistema xudicial español implante o uso da intelixencia artificial coas súas vantaxes e cos seus inconvenientes.
Sinopse: o Goberno español anuncia un referendo para decidir se implementar un innovador sistema de Intelixencia Artificial na Administración de Xustiza que promete automatizar e despolitizar os procesos xudiciais substituíndo aos xuíces en todos os tribunais do país.
A proposta, apoiada polo goberno e a empresa que desenvolve o sistema, xera unha encarnizada campaña electoral na que se enfrontan os partidarios do avance tecnolóxico coa carreira xudicial, que defende o compoñente humano na administración de xustiza.
“SIDONIE EN XAPÓN”, baixo a dirección de Élise Girard que nos ofrece un filme minimalista altamente sofisticado.
Sinopse: Sidonie viaxa a Xapón, invitada para promocionar un libro seu. Malia todas as atencións do seu editor xaponés, con quen vai descubrindo os encantos e misterios do país, Sidonie séntese perdida, sen rumbo…. As cousas non melloran cando o recordo do seu marido empeza a atormental