Remata o ano e non toca outra cousa que face balance. Dende Xornal de Lugo, fixemos un ránking (porque é o que toca por estas datas) coas cinco novas que máis feedback recibiron na nosa web e nas nosas redes sociais. Ante todo, moitas grazas por seguir un ano máis aí, ao noso lado.
E é que a saúde é algo que toca moi de preto e máis cando unha reforma sanitaria quere restar servizos nas Áreas Sanitarias da Costa e de Monforte. A Xunta de Galicia finalmente aprobou a modificación da Lei da Saúde de Galicia, non sen antes ter que oír as queixas da veciñanza e dalgún grupo político da oposición que non dubidou en apoiar ao persoal dos Hospitais Comarcais. O que está craro é que as queixas da veciñanza non van diminuír, sobre todo agora que comezaron as caravanas de coches todo ao longo do litoral lugués. “A teimosía do Partido Popular de mandar en plena ponte de decembro a reforma da Lei de Saúde para o seu trámite parlamentar urxente, atopou unha resposta decidida das veciñas e dos veciños de Viveiro e da Mariña”. Esta foi, sen dúbida, a nova con máis interacción nas nosas redes.
O traballo do funcionariado sempre valeu para moitos chistes pero, a ningún cidadán se lle pasaría pola cabeza esta situación. A Policía Local de Lugo deu que falar este último ano tras ser vistos, na cafetería do HULA, todos os axentes que conformaban o turno de noite do dezaséis de febreiro deste 2017. Moitos grupos políticos puxeron o grito no ceo, ao igual que a veciñanza da cidade, pero o certo é que a investigación levada a cabo non abríu ningunha dilixencia contra estes axentes. O que si, recibiron novos equipos de comunicación e están a espera duns novos uniformes.
3. Inauguradas as novas instalacións do Club Fluvial de Lugo
A política está aí, non o podemos negar, e sempre da que falar. Así que, despois dun ano en que moito se queixaron do malfacer (ou, mellor dito, poucofacer) do equipo de goberno de Lara Méndez, a piques de rematar o 2017 a alcaldesa acudiu á inauguración das novas instalacións do Club Fluvial de Lugo, que este ano renovou, grazas a axudas da Deputación e do Concello, o ximnasio, o restaurante e algunha que outra zona de deporte. Ese día non había cores políticas, todos quixeron unirse á nova imaxe do Club que tamén deu que falar este ano por pechar, en outubro, a entrada a novos socios.
4. O PP propón un Modelo de Xestión de Calidade Total para solucionar “o caos” do Concello
Non imos negar que nos titulares da política municipal deste ano, as palabras desgoberno, parálise e caos foron das máis escoitadas. Non sabemos se o modelo de xestión propiciado polo PP funcianará ou, tan sequera, se se implantará ou non, pero si sabemos que o Concello de Lugo leva unhas semanas dando moito que falar…
Se hai uns días víamos como estas palabras resonaban no Debate do Estado da Cidade entre a oposición do goberno local; esta última semana podíamos comprobar como a alcaldesa, Lara Méndez, “na procura de solucións”, presentou un novo orzamento “o máis inversor”, que para nada convenceu os ediles dos demáis grupos para apoiala. Todas estas situacións de crítica constante da oposición e, incluso, unha moción de reprobación hai seis meses, foi o que levou a Lara Méndez a someterse a unha moción de confianza, que non lle otorgou ningunha agrupación. ¿Haberá, pois, moción de censura? Neso andan os voceiros da oposición, veremos en 2018 que pasa no Concello.
5. Lugonovo esixe á Xunta e Concello que aclaren a situación do novo auditorio
E non podía faltar neste ránking o novo auditorio. Ese edificio que, parece ser, se abrirá entre finais de 2018 e principios de 2019. Ao límite das vindeiras eleccións municipais. Se ao principio de ano non se sabía quen iba (ou a quen lle correspondía) equipar o novo auditorio de Lugo, xusto antes do verán houbo un tira e afrouxa entre Concello e Xunta de Galicia, que acabou nun convenio entre as dúas administracións que pouco gustou a algúns grupos da oposición. O final o Executivo autonómico será o encargado de equipar, con 3,5 millóns, o auditorio e, o Concello, a cambio ‘perdonaralle’ o pagamento do IBI durante catro anos á Xunta.
Estas son solo cinco das numerosas novas coas que vostedes, os lectores de Xornal de Lugo, máis interactuaron nestes últimos 12 meses tanto na nosa web, coma no noso Facebook que, hai poucos días xa conseguíu os 3.000 seguidores. Pero hai moitas máis: Plan Único da Deputación, Orzamentos, AVE a Lugo, Tinería, RPT, Intermodal… O certo é que se queren repasar toda a actualidade, poden facelo na nosa web, www.xornaldelugo.com, todos os días do ano e a calquer hora. Grazas por medrar ao noso lado.