Este ano o Belén de Begonte será esencialmente virtual

O Centro Cultural José Domínguez Guizán de Begonte, entidade promotora do Belén Electrónico begontino, está a traballar na edición 2020-2021 de O NADAL EN BEGONTE, que agarda presentar publicamente a mediados do presente mes.

Se ben o Belén, na actualidade, está xa totalmente revisado e posto a punto por se fose posible o seu funcionamento, é moi posible que este ano non poida abrir ao público polas dificultades de aforo e concentración de persoas, e deba centrarse na súa versión virtual, sobre a que se está a traballar nestes momentos.

A Fundación TIC da Deputación Provincial, colaborando co Belén, está a traballar na edición dun vídeo que permita seguir a través de Internet a evolución desta instalación cultural, de xeito similar á visita presencial habitual.

Por outra parte, estase ultimando a organización dos habituais certames culturais e exposicións que completan a actividade do Belén Electrónico, que este ano vive a 49ª edición desde a súa fundación en 1972, e  no próximo 2021 celebrará o primeiro medio século de existencia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com