Este domingo celebrase a XX edición da Lugo Monumental

O Concello organiza para este domingo, día 17, a XX Edición da Carreira Popular Lugo Monumental Gran Premio CaixaBank. En total, 1116 atletas, 236 menores e 880 persoas adultas, percorreran as rúas da cidade nun circuito deseñado para pór en valor o patrimonio lucense, o que converte a esta carreira popular nunha proba única no noroeste peninsula na distancia de 10.000 metros. “

A celebración desta proba limitará o tráfico rodado no Centro Histórico e en vías da súa contorna, como a Rolda da Muralla ou avenida Ramón Ferreiro, entre as entre as 10:45 e as 13:00 do domingo. Ademais, xa o sábado comezará a montaxe do percorrido, o que obligará a cortar o tramo de Ramon Ferreiro anexo á Praza da Horta do Seminario. “Como en cada edición, a seguridade dos atletas será  mellorada para incrementar a excelencia da Lugo Monumental. Deste xeito, a organización regulará o tráfico e supervisará a seguridade dos participantes coa colaboración da Policía local, que estará apoiada en puntos estratéxicos por persoal auxiliar”, indicou Bustos que animou á veciñanza a saír a rúa para animar aos participantes e gozar deste espectáculo deportivo.

Tras a celebración das categorías Pitufos, a las 11 horas, sub10  e sub 12, ás 11.10 horas, e sub 14 e sub 16, ás 11.20 horas, se lanzará a proba para pesoas adultas ás 11.30 horas. Tanto a saída como a  meta de todas as probas estará situada na  praza da Horta do Seminario.

ITINERARIO DA PROBA:

SAÍDA: na avenida Ramón Ferreiro, a altura da Praza Horta do Seminario > xiro á dereita cara a rúa Angel López Pérez Ronda da Muralla (paso por diante da Mosquera) Ronda da Muralla > Desvío a dereita fronte á Porta de Santiago cara a rúa Recatelo > Xiro á dereita rúa Isaac Díaz Pardo (meta voante El Progreso) > Xiro esquerda rúa Avelino Pousa Antelo > rúa Puro Cora Praza de Aviles > xiro esquerda Avda Rodriguez Mourelo > Xiro á dereita Avenida Ramon Ferreiro (ida) > Volta á altura rúa Marina Española ( por dentro > Avda Ramon Ferreiro (volta) > 1º PASO POR LIÑA DE META > Avenida Ramon Ferreiro > xiro á dereita cara a rúa Angel López Pérez Ronda da Muralla (paso por diante da Mosquera) Rolda da Muralla > Desvío a esquerda entrando baixo a Porta Santiago > Subida ó Adarve da Muralla > VOLTA COMPLETA ADARVE MURALLA > Baixada do Adarve da Muralla > Praza Pio XII > Rúa Bo Xesus > Praza Sta Maria > Xiro á dereita cara Travesia Dean Fernandez Varela > Xiro á esquerda Rúa Clérigos > xiro á dereira Rúa Bispo Aguirre > Xiro á dereita Ronda Muralla > Xiro á esquerda rúa Vilalba > xiro á dereita Avda Rodriguez Mourelo (ida) > Praza Aviles > Avenida Rodriguez Mourelo (volta) > Xiro á dereita Avenida Ramon Ferreiro (ida) > Volta a altura de Mariña Española > Avenida Ramon Ferreiro (volta) > META

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com