O paseo do Miño acollerá este domingo o derradeiro mercadiño do verán á beira do río, enmarcado no movemento Localmente Lucense.
Trátase de mercadiños multidisciplinares, organizados dende a área de Desenvolvemento Local do Concello, que dirixe Ana Abelleira, nos que converxen postos de comercios locais, obradoiros infantís, espazos para que particulares e asociacións mostren os seus produtos, así como unha zona decorada para facer pícnic, música ambiente e concursos.
O mercadiños teñen lugar os domingos, de 11:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:00 horas, para facilitar a participación de comerciantes e que poidan ofrecer os seus produtos fóra da tenda. Así, a última cita terá lugar este domingo, 11 de setembro, e as inscricións están abertas na páxina web www.localmentelucense.gal/mercados, onde tamén están dispoñibles as bases e máis información.
Os mercadiños combinan postos de comercios locais, obradoiros infantís, espazo para que particulares e asociacións mostren os seus produtos, zona decorada para facer pícnic (reserva de parcelas en www.localmentelucense.gal/mercados), música ambiente, photocall e concursos con premios por valor de 1000 euros cada día en vales de compras nos comercios adheridos ao movemento Localmente Lucense.