Este domingo terá lugar a proba do Corre con Nós CC As Termas – Impulso Verde

O XXIII Circuíto Larsa Corre con Nós celebrará a súa segunda proba este vindeiro domingo 16 de febreiro no Centro Comercial As Termas, nunha xornada que reunirá a un total de 2.073 inscritos.

A proba terá lugar no aparcadoiro superior do Centro Comercial As Termas e desenvolverase por un circuito de asfalto e terra, con percorridos adaptados a diferentes categorías. O evento dará comezo ás 12:00 horas coa categoría Mini (300 metros), seguida polas probas Sub 10 e Sub 12 (ás 12:05 horas, con 900 metros), Sub 14 e Sub 16 (ás 12:15 horas, con 2.050 metros) e, finalmente, a carreira de adultos (ás 12:40 horas, cun percorrido de 4.670 metros).

Como vén sendo habitual, os atletas que rematen a carreira recibirán, xunto co avituallamento, un vale para canxear pola camiseta oficial do circuíto, que poderá ser retirada no propio centro comercial entre o 14 de abril e o 17 de maio, no punto de información da planta superior.

Desde a organización confirman que a celebración da proba non afectará á circulación periférica de vehículos na contorna do centro comercial. O acceso ao recinto poderá facerse pola parte inferior, e a súa saída realizarase desde o aparcadoiro superior.

Toda a información sobre a proba e as súa clasificacións estará dispoñible na páxina web do circuíto: www.correconnos.com.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com