Este domingo tera lugar a terceira proba do Circuíto Corre con Nós “Corre con Elas”

O barrio de San Fiz acollerá este domingo, 16 de marzo, a terceira proba do XXIII Circuíto Larsa Corre con Nós, baixo o lema “Corre con Elas”, unha carreira que forma parte das actividades promovidas polo Concello de Lugo con motivo do 8M, Día Internacional da Muller. Como parte desta conmemoración, antes do inicio da proba absoluta realizarase unha foto homenaxe, na que todas as corredoras posarán xun

A carreira disputarase nun novo percorrido urbano que rodea a sede da Policía Local na rúa Rof Codina. O programa da proba establece os seguintes horarios:

12:00 h: MINI (300 metros) – Percorrido

12:05 h: SUB 10 e SUB 12 (1.300 metros) – Percorrido

12:15 h: SUB 14 e SUB 16 (2.400 metros) – Percorrido

12:30 h: Adultos (4.800 metros) – Percorrido

O evento traerá consigo cortes de tráfico entre as 11:30 e as 13:30 horas nas seguintes rúas:

Rúa Rof Codina (desde a intersección con Travesía Virxe da Esperanza)

Rúa Virxe da Esperanza (desde a intersección con Rúa Montirón ata Travesía Virxe da Esperanza)

Travesía Virxe da Esperanza (completa)

Rúa Montirón (desde a intersección con Virxe da Esperanza ata Rof Codina)

Para garantir a seguridade, a organización contará coa colaboración de Protección Civil, Policía Local e Cruz Vermella.

Ao remate das probas, as e os participantes recibirán o avituallamento oficial do circuíto, cortesía de Larsa e Coca-Cola, e terán acceso a servizos como duchas nas Pistas Municipais Gregorio Pérez Rivera.

Toda a información e as clasificacións estarán dispoñibles na páxina web oficial do evento: www.correconnos.com.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com