Este mércores os cines Codex estrean os filmes “A boa letra” e “A historia de Souleymane”

Esta semana adiántanse as estreas ao mércores 30 de abril e os Codex Cinema abriran as súas portas tamén este mércores coa estrea dos filmes “A BOA LETRA” e  “A HISTORIA DE SOULYEMANE”.

“A BOA LETRA”, unha película na que todo ten máis fondo do que parece, con xestos profundamente políticos; unha proposta íntima, silenciosa e profundamente provocadora.

Sinopse:  nun pobo valenciano, durante a posguerra, Ana intenta saír adiante coa súa familia. A guerra civil deixou profundas feridas en todos, especialmente no seu cuñado Antonio. Ela aténdeo discretamente, con segredos e silencios, facéndolle guisos. Pero cando Antonio casa con Isabel e esta incorpórase á familia, o esforzo de Ana valerá de pouco ou nada: o sacrificio non sempre ten a súa recompensa.

 “A HISTORIA DE SOULEYMANE”, unha mirada realista e profundamente humanista á dura vida dun inmigrante en París, onde loita por gañarse a vida e ter un estatuto legal.

Sinopse: Souleymane, un mozo migrante, pedalea polas rúas de París repartindo comidas mentres revive na súa mente, unha e outra vez, a súa historia. En tan só dous días , debe enfrontarse á importante entrevista de solicitude de asilo que podería ser a clave para obter os papeis que lle permitan quedar no país.  Sen embargo, semella non sentirse  preparado.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com