Este sábado 1 de febreiro clausurase “O Nadal en Begonte”

Finalizadas as actividades e accións de “O Nadal en Begonte”, organizadas polo Centro Cultural José Domínguez Guizán, mañá sábado, 1 de febreiro, ás cinco da tarde, no salón de actos do Belén, vaise celebrar o acto de clausura coa entrega de Premios aos galardoados nos certames de Xornalismo, Poesía, Arte e Debuxo Infantil.

Recibirá o título de Socio de Honra do Belén o escritor e profesor lucense, José Carlos Ulloa García, doador á institución da colección de figuras artesás do crego Edelmiro Ulloa, coas que este montou durante moitos anos o Belén do Hospital Xeral de Lugo.

Ao outro Socio de Honra, Román Rodríguez, Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, ao non poder acudir a Begonte neste día, seralle entregado posteriormente.

No acto participarán o Delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias Fouz; o Xefe provincial de Cultura, Manuel Antonio Fernández Piñeiro, e o Alcalde de Begonte, José Ulla Rocha.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com