O encontro que terá lugar na Quintá de Cancelada en Becerreá, xuntará a numerosos músicos tradicionais da zona da montaña e de toda a provincia, pero tamén de Asturias, para celebrar unha cita na que os instrumentos como a gaita ou o acordeón serán protagonistas.
A primeira edición do Musical Folk Asturgalaico Valdesouto arrancará ás 12:00 horas coa recepción de participantes e, posteriormente, o pregón a cargo de José Manuel Rubinos Souto e un xantar popular. A partir das 17:00 horas haberá actuacións dos músicos asistentes. A
xornada rematará cunha cena e unha foliada a partir das 23.00 horas.