O venres 14, ás 20:30, en Codex Cinema haberá un pase especial de Ciudad de la selva. Fuxidos e guerrilleiros nos montes de Casaio, documental dirixido por Miguel Riaño, quen presentará a proxección xunto a Carmen Blanco (ADVF) e membros do equipo arqueolóxico da produción, o acto contará con presentación e faldoiro.
O filme conta a historia dos fuxidos do réxime franquista en torno á poboación galega de Casaio. Nestes montes houbo unha resistencia activa contra o fascismo grazas ao apoio de membros das comunidades locais