Este venres entran en funcionamento unha serie de modifiacións puntuais no bus urbano

O pasado mes de marzo aprobáronse unha serie de modificacións puntuais das liñas co consenso dos grupos políticos con representación no Concello de Lugo e este venres entran en funcionamento despois de realizarse todo o procedemento administrativo relativo ás modificacións das liñas. 

A zona de Castelo, cuberta pola liña 5, mellorará as conexións para permitir un retorno polo centro da cidade. Un dos dous buses que actualmente pasan por Castelo modificará o percorrido conectando a Ronda da Muralla, Ramón Ferreiro e Fontiñas, cubrindo o HULA. Esta liña cubrirá o Carqueixo cada hora. O percorrido de ida, pasará por Castelo, San Roque e a Ronda, conectando coa Residencia.

Outra das modificacións consiste na modificación de un dos dous buses que cubren a liña 3. 

O percorrido entre as rotondas da UNED e Nadela ten habitualmente menos de 7 usuarios diarios. Modificando un dos dous percorridos que realiza a liña 3 cada hora, permitirase que esta liña poida pasar por Ramón Ferreiro, atendendo a unha petición da veciñanza do fondo da Avenida de Madrid, continuando ata Sindicatos, e conectando posteriormente a zona de Paradai coa avenida da Coruña, atendendo do mesmo xeito á veciñanza de Paradai. O percorrido de volta, conectará Paradai e Fontiñas co Campus, dando conexión entre Fontiñas e a zona universitaria cada 30 minutos. A zona entre as rotondas da UNED e Nadela continuará a ter un bo servizo de bus urbano, xa que malia reducirse a frecuencia da liña 3 a 60 minutos, a liña 11 continuará a operar nesta zona.

A Mesa de Transporte aprobou actualizar as liñas 1.2, 1.4 e 12 para dar servizo á nova fase do polígono das Gándaras. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com