Este venres os cines Codex estrean o filme “A Tutoría”

Esta semana os Codex Cinema estrean os filmes: “A TUTORÍA” e “VERMIGLIO

“A TUTORÍA”, un drama intenso cunha interpretación brillante de  Renate Reinsve que provoca e sobresalta da mellor maneira posible. No pasado Festival de Cannes esta película gañou a Cámara de Ouro Mellor Ópera Prima.

Sinopse:   Armand, un neno de seis anos é ac.usado de traspasar certos límites co seu amigo e compañeiro de clase, Jon. Ninguén sabe exactamente o que pasou, así que a dirección do colexio convoca aos pais para discutir o tema. Entón desencadéase un axitado conflito que pon riba da mesa cuestións como a sexualidade na infancia, a complexidade das zonas grises que existen entre a violencia e o xogo.

A outra estrea da semana é a película italiana“VERMIGLIO” . Este filme acadou o Gran Premio do Xurado na pasada edición do Festival de Cine de Venecia. O filme é interpretada por unha mestura de actores profesionais con lugareños, ambientada nunha remota comunidade de montaña na época da Segunda Guerra Mundial

Sinopse:  en 1944,  en plena Segunda Guerra Mundial, Vermiglio, un pobo de montaña nos Alpes italianos, vive case alleo ao conflito pero a chegada dun soldado desertor altera a enganosa placidez e provoca a aparición de sentimentos reprimidos e inconfesables.

A historia adéntrase na familia do mestre na que todos os seu membros vense encamiñados  a un destino inesperado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com