Este venres os cines Codex estrean o filme mexicano “Memory”

Esta semana chega as pantallas dos Codex Cinema os filmes “MEMORY” e “OS INDESEXABLES”

 “MEMORY, un drama conmovedor cunhas actuacións maxistrais de Chastain e Sarsgaard que están á altura dos seus complexos papeis.

Sinopse: Sylvia é unha traballadora social que leva unha vida sinxela e estruturada: dedícase á súa filla, ao seu traballo, ás súas reunións de Alcohólicos Anónimos. Pero todo salta polo aire cando, tras unha reunión de antigos alumnos do instituto, Saul séguea ata a casa. Este inesperado encontro terá profundos efectos na vida de ambos, abrindo a porta ao seu pasado.

A outra estrea da semana é a película “OS INDESEXABLES”, un retrato demoledor da vida obreira en Francia, cunha declaración contra a desigualdade social e racial.

SinopseTras o inesperado falecemento do alcalde da cidade, Pierre, un mozo médico idealista, é elixido para substituílo. Pretende continuar a política do seu predecesor, quen quería recuperar e rehabilitar o vello barrio obreiro. Haby, unha moza francesa de orixe maliana que vive nun dos bloques de pisos en ruínas, négase a que a súa familia sexa expulsada do barrio onde creceu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com